FESTAS

O Concello establece nun mínimo de 108.000 euros a xestión do uso dos espazos da Alameda na Ascensión e no Apóstolo

02/04/2007 A Concellería de Festas fixou nun mínimo de 108.000 euros a cantidade que deberá satisfacer aquela empresa que se queira facer cargo da explotación das atraccións e demais postos feirais durante a Ascensión e o Apóstolo.

A Xunta de Goberno aprobou o prego de cláusulas administrativas e iniciou o expediente para a contratación desta concesión de bens de uso público municipal. O período en que poderán estar colocadas as barracas, atraccións e casetas será do 17 ao 27 de maio e do 12 ao 31 de xullo.

Actuacións musicais e teatrais

Tamén no ámbito de Festas, en colaboración coa Concellaría de Educación e Mocidade, solicitouse un calendario de actuacións musicais e teatrais, ao abeiro dos programas convocados pola Deputación Provincial da Coruña para os concellos. Estes dous departamentos achegarán o 30% do custo de cada unha das actividades.

Compartir: