DEPORTES

Convenios de colaboración con varios clubs deportivos da cidade

02/04/2007 A Concellería de Deportes continúa a súa liña de colaboración cos clubs deportivos da cidade. Nesta liña está a sinatura de varios convenios de colaboración, aprobados pola Xunta de Goberno, para promover as distintas disciplinas deportivas.

Entre os convenios, destaca o que se subscribirá co Club Autos Lobelle de Santiago, polo que se achegarán 154.500 euros para promoción do fútbol sala. En referencia a este club, tamén se procedeu á xustificación da subvención concedida con motivo da recente organización da Copa de Europa de clubs.

O Concello tamén asinará acordos co Club Baloncesto Pío XII (31.200 euros) e co Club Arteal Tenis de Mesa (20.800 euros). Igualmente, ratifícanse os convenios coa Agrupación de Deportistas Veteranos, coa Delegación de Fútbol de Santiago e coa Delegación Santiaguesa de Baloncesto. Deste xeito destinarase un total de 20.017 euros para a organización dos torneos de fútbol-7, do minibasquet Memorial Lorenzo de La Torre e das competicións de fútbol sala de nenos.

Compartir: