EDUCACIÓN

Do 10 ao 30 de abril estará aberto o prazo de solicitude de ingreso nas escolas infantís de Conxo e de Fontiñas

02/04/2007 A Xunta de Goberno local aprobou a apertura dos prazos de solicitude de ingreso nas escolas infantís municipais de Conxo e de Fontiñas. Será do 10 ao 30 de abril, unha vez rematado o prazo de admisión de solicitudes de renovación.

Ademais de fixar o prazo, ratificouse o regulamento da Escola Infantil Municipal de Conxo como normativa provisional para o funcionamento de ambas escolas. Finalmente, aprobouse un orzamento de 435 euros para a impresión dos modelos de solicitude.

Tempo libre para o verán

O Goberno municipal tamén deu o visto bo ao calendario de actividades do Programa de tempo libre para o verán, no que se investirán 45.074 euros. Contémplanse tres ofertas de viaxe: a Barcelona; ao Centro de Educación Ambiental "As Corcerizas", na Serra de San Mamede (Ourense); e á Granxa Escola "Fervenza do Toxa", en Silleda (Pontevedra).

Tamén no ámbito da Educación, acordouse solicitar unha subvención á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para a promoción da información xuvenil e incorporación da xuventude ás novas tecnoloxías. A cantidade solicitada ascende a 45.201 euros.

Compartir: