MULLER

Nova convocatoria de subvencións para o movemento asociativo e de defensa da muller

02/04/2007 Veñen de aprobarse as bases e o orzamento, por un importe de 25.000 euros, da convocatoria de subvencións ao fomento do movemento asociativo e de defensa da muller para 2007. O prazo de solicitude será de 20 días a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Estas axudas están destinadas a sufragar programas e actividades que favorezan o desenvolvemento integral da muller, promovan a súa participación activa e contribúan a facer efectiva a igualdade entre homes e mulleres. As beneficiarias serán as asociacións de mulleres, secretarías da muller dos sindicatos e vocalías da muller das asociacións de veciños de Santiago.

O importe máximo da subvención non excederá en ningún caso de 1.250 euros. No reparto das axudas, en concorrencia competitiva, valoraranse cuestións como a colaboración co Concello na actividade dirixida á muller, o caracter periódico ou permanente da mesma, o ámbito de aplicación do programa ou a calidade de planificación e oportunidade da actividade.

Compartir: