MOCIDADE

O alcalde visita os novos locais de ensaio do Centro Xove de Creación Cultural

29/09/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitou hoxe os novos locais de ensaio do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga. Son tres locais de ensaio equipados con batería, dous amplificadores de guitarra, un amplificador de baixo, dúas caixas autoamplificadas con mesa de mestura propia e dous micrófonos e pés de micrófono, que se completan cun estudo de grabación con mesa de son, ordenador e software propio.

Durante a visita, o rexedor estivo acompañado polo concelleiro de Educación, Rubén Prol; e polos portavoces do Grupo Popular, Alejandro Sánchez-Brunete; e de Compostela Aberta, Marta Lois. Estes locais de ensaio, que antes estaban no estado Vero Boquete de San Lázaro, teñen como obxectivo:

- Fomentar a práctica musical dos mozos e mozas de Compostela dotándoos dos recursos profesionais e técnicos necesarios.

- Contribuir a unha maior formación musical e técnica dos grupos que fan uso deste equipamento, mediante o deseño de accións formativas relacionadas con esta disciplina.

- Crear unha plataforma de encontro da mocidade para o intercambio de experiencias musicais, formativas e de lecer.

- Organizar eventos que sirvan para fortalecer entre a xuventude a conciencia de seu, e difundir entre a cidadanía os aspectos positivos da cultura musical da xente moza.

- Promover un ocio xuvenil máis creativo e menos consumista, ampliando a oferta de actividades e facilitando a súa accesibilidade para o sector xuvenil.

Segundo explicou o concelleiro Rubén Prol, os locais están a disposición daqueles mozos e mozas que, en representación dun grupo musical, con alo menos o 50% de membros empadroados en Santiago; precisen un lugar de ensaio. A idade dos seus integrantes, non pode superar os 35 anos de media.

Durante todo o ano, permanece aberto o prazo para presentar as instancias de uso dos locais. Neste momento hai catro grupos que xa fan utilización deste servizo, que comezou a funcionar a mediados deste mes de setembro.

Programación
O pasado 16 de setembro presentouse a programación do Centro Xove, que inclúe distintas actividades formativas específicas para as bandas, co obxectivo de facilitarlle o desenvolvemento profesional, a través dun asesoramento profesional no eido nos diferentes instrumentos, nas actuacións en directo, etc.

Entre as actividades formativas que se levarán a cabo este ano están " Coaching e acompañamento de bandas", "Boas prácticas nos locais de ensaio", "Curso de posicionamento web", "Curso de copywritting" e " Creación de videos para youtube".

Direccións relacionadas



Compartir: