SERVIZOS

O Concello saca a licitación pública os quioscos da Alameda e da praza de Vigo

22/09/2021 A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, deu conta en rolda de prensa da licitación pública dos quioscos situados no parque da Alameda e na praza de Vigo. As ofertas poderán presentarse a partir de mañá e durante un prazo de 30 días hábiles. Mila Castro estivo acompañada pola directora da Área de Servizos Básicos, Rocío Montañés.

"Coa licitación pública dos quioscos esta Concellería pretende revitalizar estes espacios tradicionais nos parques públicos, ademais de ofrecer unha oportunidade de negocio ", indicou a concelleira.

Trátase das mismas instalacións do ano 2000 que se xestionaban a través dun convenio con COGAMI, polo que o concesionario deberá realizar unha pequena inversión para a súa adecuación. "Por esta circunstancia, engadiu, antes de aprobar as bases valoráronse as posibilidade da rendabilidade da explotación, axustando os horarios e o canon a satisfacer ao Concello".

As liñas xerais do concurso son as seguintes:

Horario mínimo de apertura e peche
QUIOSCO DA ALAMEDA
Temporada alta (de maio a outubro):
Luns a venres: de 9:00 horas a 21:00 horas
Sábados, domingos e festivos: de 9:00 horas a 21:00 horas
Temporada baixa (de novembro a abril):
Luns a venres: mañá de 9:30 a 13:00 horas e tardes de 16:00 a 19:30 horas
Sábados, festivos e domingos: mañá de 9:30 a 13:00 horas e tardes pechado

QUIOSCO PRAZA VIGO
Luns a sábados: de 8:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas.
Domingos e festivos: de 9:00 horas a 13:30 horas. Tardes pechado.

Productos á venda
Os dous establecementos poderán vender xornais e revistas, lambetadas, títulos de transporte, tarxetas de telefonía, produtos de promoción turística, guías, postais e souvenirs; pequenos consumibles de material telefónico, fotográfico, informático e electrónico como pilas e baterías, soportes de gravación dixital, tarxetas de memoria e xogos informáticos ou electrónicos; snacks, aperitivos, froitos secos e doces, caramelos...; panos de papel; libros, música e cinema en soportes dixitais, artigos de papelería e coleccionables; auga e refrescos embotellados, cafés, infusións e outras bebidas quentes, zumos naturais, batidos, smoothies ou similar.

Trátase dunha relación non limitativa polo que o concesionario pode incluír a venda doutros produtos que se adapten ao espazo dispoñible.

Criterios de adxudicación
Os criterios de valoración das ofertas serán o canon anual ofertado, que non debe ser inferior a 600 euros anuais; e a contratación para a explotación do quiosco dunha persoa con discapacidade ou dificultades para o acceso ao mercado laboral.

Prazo de presentación das ofertas
Será de 30 días hábiles contados desde o seguinte á publicación do anuncio na plataforma de contratación do Estado, previsto para hoxe. As ofertas poderán presentarse dende mañá, xoves 23 de setembro.

Ao tratarse de licitación electrónica, para presentar a oferta deberán seguirse os pasos establecidos na guía das empresas publicada na propia plataforma. No caso de dúbida, pode contactarse co Servizo de Contratación.

Compartir: