MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Sánchez Bugallo recibe ao novo capitán da Garda Civil, José Antonio Rivero Zobra

06/09/2021 O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu esta mañá o novo capitán da Garda Civil de Santiago, José Antonio Rivero Zobra, que substitúe a Luis Nicolas Arroyo. No encontro acompañounos o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños.

José Antonio Rivero Zobra, é natural de Lalín, en Pontevedra. Estivo destinado en Cambados, onde exerceu durante nove anos como xefe de mando do posto da Garda Civil. A continuación, e despois de ascender a capitán, estivo á fronte da Compañía en Vilalba, en Lugo.

Compartir: