TURISMO

Turismo de Santiago participa en Turexpo co obxectivo de consolidar a recuperación turística da cidade

03/09/2021 A entidade municipal de promoción turística reunirase con profesionais do mercado español e dos principais mercados europeos, Portugal, Alemaña e Reino Unido.

Turismo de Santiago participa do tres ao cinco de setembro na décima edición de Turexpo, o Salón Turístico de Galicia. Na feira participan 40 turoperadores con presenza en once países, Alemaña, Bulgaria, EEUU, España, Francia, Italia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Suiza e Ucrania.

O obxectivo da entidade de promoción turística municipal é consolidar a forte recuperación turística do mercado español que se está producindo neste verán na Santiago, conseguindo no mes de xullo un récord histórico de pernoctacións domésticas na cidade superando por primeira vez as 100.000 neste mes, e impulsar de cara ao 2022 a recuperación dos mercados turísticos internacionais, máis afectados polas restricións á mobilidade neste 2021.

Os profesionais cos que se reunirá Turismo de Santiago están especialmente interesados na oferta cultural e gastronómica da cidade. Tamén manterá reunións con empresas especializadas na organización de experiencias únicas, para grupos pequenos e con viaxes feitos a medida, co obxectivo de dirixirse a un tipo de turista máis selectivo, que cada vez terá maior importancia no contexto actual.

Con esta acción Turismo de Santiago continúa traballando na promoción turística da cidade, amosando tanto aos profesionais españois como internacionais que Santiago de Compostela é unha cidade segura dende o punto de vista sanitario, cun sector turístico que está facendo un gran esforzo para adaptarse as circunstancias xeradas polo Covid-19.

En Turexpo lembrarase aos profesionais participantes que o Ano Santo prorrogarase tamén no 2022, sendo unha oportunidade única para que as persoas que non puideron visitar esta ano a cidade, especialmente dous países, polo Covid-19, podan facelo no ano próximo.

Compartir: