MOBILIDADE

O luns 6 de setembro comeza o horario de inverno na rede de transporte público de Santiago de Compostela

03/09/2021 O vindeiro luns, 6 de setembro, ponse en marcha a temporada de inverno nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade.

As modificacións realizadas non afectan ás relacións de mobilidade establecidas, senón, por unha parte, á adecuación dos tempos de percorrido, unha vez postas en marcha as novas limitacións de velocidade na malla urbana; e, por outra, ao reforzo da liña 6 para garantir ao máximo posible o servizo.

Na web de TUSSA poden consultar o folleto de horarios e coñecer todos os cambios. Nos vindeiros días facilitarase a modificación de horarios no folleto impreso habitual e realizarase a substitución da cartelería nas paradas da cidade.

Poden consultar calquera dúbida no teléfono de información do transporte urbano, 981581815.

Direccións relacionadas



Compartir: