XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba as bases da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas

09/08/2021 A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas (adestramentos) e actividades físicas durante a tempada 2021/22 que se publicarán mañá na web do concello. Dos acordos adoptados informou, en rolda de prensa, o alcalde en funcións, Sindo Guinarte.

Na reunión do executivo municipal tamén se deu conta de 16 convenios entre o Concello de Santiago e diferentes entidades, que se foron asinando ao longo das últimas semanas, por un importe total de 365.500 euros; cantidade que se destinará a subvencionar distintos programas sociais. En concreto, deuse conta dos convenios firmados polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, con:

-Asociación Banco de Alimentos de Santiago de Compostela. 5.000 euros.
-Asociación Itínera de voluntarios en saúde mental. 5.000 euros.
Colexio de Avogados de Santiago de Compostela. 2.000 euros.
-Asociacion Fonte da Virxe de familiares e amigos dos enfermos mentais. 3.500 euros.
-Asociación Compostelá de Esclerósis Múltiple / ACEM. 9.000 euros.
-Asociación para a loita contra as enfermidades do ril da Coruña ACER. 4.000 euros.
-Saude Mental- FEAFES Galicia. 60.000 euros.
-Fundación ANDREA de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais. 3.000 euros.
-Escola de tempo libre e animación sociocultural Don Bosco. 5.000 euros.
-ASPANAES. Asociación de pais de persoas con transtorno de espectro autista (TEA). 3.000 euros.
-Fundación Down Compostela. 10.000 euros.
-Cáritas Diocesana de Santiago. 120.000 euros.
-Asociación de dano cerebrar SARELA. 3.000 euros.
-Fundación Secretariado Xitano. 23.000 euros.
-Cruz Vermella Santigo. Programa SEMUS (Servizo Municipal de Urxencias Sociais). 100.000 euros.
-Asociación de Persoas Xordas de Santiago. 10.000 euros.

Licenzas
Entre as licenzas concedidas na Xunta de Goberno Local de hoxe figura unha de obra nova para a construción dunha nave destinada a almacén e material de ferraxería na Rúa Andalucía, cun orzamento de execución material de 190.369 euros. E a licenza de obras para cambio de uso de oficinas a cinco apartamentos turísticos na Rúa da Estrada.

Preguntas
Na quenda de preguntas, e en referencia a afluencia turística, o tamén concelleiro de Turismo sinalou que "dada a situación na que estamos, cunha quinta ola de especial viruencia, os datos de xullo, con aproximadamente un 60% de ocupación, e os de agosto, cunhas previsións de ocupación de case un 70%, "son aceptables", pero non "optimos". Non son, sinalou, cifras dunha tempada normal, aínda que si son mellores que as do ano pasado. Sindo Guinarte recoñeceu que "a situación sanitaria non está favorecendo" as posiblidades de recuperación do turismo internacional, pola situación do noso país e polas restricións adoptadas.

Segundo sinalou, Santiago segue a ser un destino seguro, e que se existe unha mellora na situación sanitaria, as cifras de ocupación de cara a setembro serán máis positivas.

Por outra banda, Sindo Guinarte amosou a súa preocupación e a do Concello de Santiago, pola desaparición "da nosa veciña de Enfesta, que xa vai para dous días. Ténnos mois precupados, ao tratarse dunha persoa de idade avanzada. Estamos traballando na súa localización, xunto á Polícia Nacional, a Dirección Xeral de Emerxencias de Galicia co seu dispositivo de drons, e Protección Civil. Confíamos en ter pronto unha resposta, que oxalá sexa positiva", indicou.

Documentos relacionados



Compartir: