XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba a licitación da rehabilitación do firme da Vía Edison e a cancelación da convocatoria dos premios Exeria de creación literaria

05/08/2021 A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou o expediente denominado "Rehabilitación do firme na vía de Édison e a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto simplificado, establecéndose un tipo de licitación de 120.000 euros. O financiamento desta actuación forma parte do programa de Axudas encamiñadas á habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cultura
O executivo municipal acordou anular o gasto e cancelar a convocatoria do "Premio Exeria de proxectos de creación literaria. Ano 2021", dotado con 1.500 euros e unha estadía en Xerusalén. A decisión tómase depois de que o goberno de Israel elevase as restricións de acceso ao país, cancelando os permisos de entrada a viaxeiros extranxeiros para viaxes non esenciais, polo que resulta inviable a posibilidade de disfrute da estadía de creación lietaria na cidade de Xerusalén.

Por outra banda, aprobáronse as "Bases da convocatoria dos Premios de creación literaria SELIC 2021", que abranguen os diferentes xéneros: narrativa, poesía, ensaio e dramaturxia. Outorgarase un premio cunha dotación de 6.000 euros e dous accésits cunha dotación de 1.500 euros cada un. Os tres premios levan aparellada a autorización para a súa publicación por parte do Concello de Santiago de Compostela. Este programa conta cun orzamento de 9.000 euros.

A maiores, tamén se aprobou o texto do convenio e a concesión directa da subvención á Performa Sociedade Cooperativa GALEGA, por importe de 50.000 euros, destinados principalmente á subvención do festival Plataforma, un proxecto que quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, as artes escénicas, a literatura, a arquitectura e o deseño, convidando a reflexionar sobre o espazo público e integrando servizos e institucións da cidade para actuar como motor para o desenvolvemento e a cohesión social.

Documentos relacionados



Compartir: