ALCALDÍA

Sánchez Bugallo recibe a Tiago Barbosa, candidato á alcaldía da Cámara Municipal do Porto

04/08/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recibiu hoxe a Tiago Barbosa Ribeiro, o candidato do PS, o Partido Socialista portugués, a alcaldía da Cámara Municipal do Porto. No encontro tamén estiveron presentes Luis Alves, director da "Agência Nacional ERASMUS+ JA", e Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico.

Tiago Barbosa naceu en Porto en 1983, cidade na que vive. Licenciado en Socioloxía, con especialización en Traballo e Organizacións pola Universidade do Porto, onde tamén se posgraduou en Xestión. Deputado na Asamblea Municipal de Porto e coordinador dos deputados socialistas na Comisión de Traballo e Seguranza Social na Asamblea da República desde esa data. Tamén e integrante da Comisión Eventual da Asamblea da República para o acompañamento da aplicación das medidas de resposta á pandemia da Covid-19 e do proceso de recuperación económica e socia é co-autor das obras "Onde para o Estado? Políticas públicas en temo de crise" e "Trabalho igual, salário diferente". Tamén é membro do Consello Superior de Fútbol do Clube do Porto.

Compartir: