URBANISMO

Os restos arqueolóxicos aparecidos nas obras da Costa do Cristo pertenecen ao muro de contención dunha escaleira que baixaba do antigo Hospital Real

02/08/2021 Os restos arqueolóxicos aparecidos o pasado venres nas obras da Costa do Cristo non son da muralla que rodeaba Santiago de Compostela. Confirmárono o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Urbanismo e Cidade Histórica. Mercedes Rosón sinalou que todo apunta a que pertencen ao muro de contención dunha escaleira que baixaba do Hostal dos Reis Católicos cara a Costa do Cristo.

Mercedes Rosón explicou que, despois dunha xuntanza que tivo esta mañá coa arqueóloga da obra, a arqueóloga municipal a arquitecta responsable do proxecto "quedou totalmente descartado que fora a muralla". A concelleira explicou que segundo a documentación existente, a muralla tiña unha anchura superior, de 2,6 metros, e estaría máis abaixo", posiblemente na zona de Carretas. Sinalou que con motivo das obras levadas a cabo hai uns anos, "acreditouse que o foso da muralla", estaría localizado nesa rúa.

A concelleira amosou un documento cun plano de 1.766 no que aparece a muralla e debuxadas as citadas escaleiras, que comunicaban o hospital Real coa Costa do Cristo. "O muro que apareceu o venres, probablemente sexa do muro de contención desas escaleiras". Polo tanto, continuou, unha vez se documente o achádego, reanudaranse as obras.

Compartir: