POLÍTICAS SOCIAIS

A Xunta de Goberno Local aproba os textos dos convenios de colaboración con 11 entidades sociais por un importe de 334.000 euros

19/07/2021 A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe convenios de colaboración con 11 entidades sociais por un total de 334.000 euros. Esta cantidade destinaránse, fundamentalmente ao financiamento de accións e actividades desenvolvidas polas asociacións e organizacións beneficiarias durante o ano 2021.

As entidades beneficiarias son:

-Cruz Vermella. SEMUS (Servizo Municipal de Atneción a Urxencias Socais): 100.000 euros.
-Cruz Vermella. Programa de atención a Persoas sen Fogar. 85.000 euros.
-Fundación Secretariado Xitano: 23.000 euros.
-Asociación Bando de Alimentos de Santiago de Compostela. 5.000 euros.
-ALCER (Asociación de Loita Contra as Enfermidades do Riñón). 4.000 euros.
-ACEM (Asociación Compostelá de Esclerosis Múltiple): 9.000 euros.
-Asociación de Persoas Sordas de Santiago de Compostela. 10.000 euros.
-Asociación Itínera de Voluntarios en Saude Mental. 5.000 euros.
-Asociación de dano cerebral de Compostela, SARELA. 3.000 euros.
-Centro Social Xoan XXIII de Santiago. 60.000 euros.

A maiores, tamén se aprobou o texto doutros catro convenios, das área de Políticas de Igualdade e Acción Cultural: coa USC, por 10.000 euros; coa Fundación da USC, por 9.000 euros; co Padroado Casa da Troia, por 5.000 euros; e coa Fundación Rosalía de Castro por outros 5.000 euros; que igual que os anteriores, destinaranse o financiamento de distintas actividades de interese realizadas por estas entidades. Na Xunta de Goberno tamén se deu conta do convenio coa Fundación Granell, a aprobouse a concesión de 155.000 euros destinados a este organismo.

A Xunta de Goberno local tamén aprobou a resolución definitiva da convocatoria para a "Concesión de axudas individuais para o uso do servizo de taxi como medio alternativo para as persoas con dificultades de mobilidade ou que presentan limitacións para o uso do transporte colectivo do concello de Santiago de Compostela. Ano 2021".

O importe total das axudas concedidas a 29 persoas solicitantes, ascende a 9.750 euros. En concreto, aprobouse a concesión de 26 solicitudes por importe de 350 euros cada unha, 2 solicitudes por importe de 250 euros cada unha e 1 solicitude por importe de 150 euros.

Dito acordo pon fin á vía administrativa e publicarase no taboleiro de edictos do Concello, da Concellaría de Políticas Sociais e Saúde e na páxina web do Concello (www.santiagodecompostela.gal) para os efectos de reclamacións e concederase un prazo de 10 días hábiles, a contar dende o día seguinte á data da publicación, para que as persoas interesadas poidan presentar as alegacións ou os documentos que consideren convenientes.

Outros acordos
Por outra banda, aprobouse o texto do convenio de colaboración entre a consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Santiago de Compostela para a xestión do Servizo de comedor escolar en nove centros educativos do municipio,. durante os cursos 2021-2022 e 2022-2023.
A consellería comprométese a colaborar economicamente na xestión e organización do servizo de comedor escolar nos centros educativos CEIP Apóstolo Santiago, CEIP Ramón Cabanillas, CEIP Cardeal Quiroga Palacios, CEIP Roxos – Villestro, CEIP Monte dos Postes, CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, CEIP Fontiñas, CEIP Vite I e CEIP Raíña Fabiola, mediante unha achega económica de 193.486 euros.

Por outra banda, aprobáronse as bases para a selección do alumnado traballador e persoa directivo e docente para o programa de emprego "Santiago sustentable III" para persoas mozas incluídas no ficheiro do SNGX do concello de Santiago. Segundo as consideración da proposta, en Resolución da Xefatura Territorial da Conselleria de Emprego e Igualdade, de 18 de xuño de 2021, concedese ó Concello de Santiago subvención por importe de 369.492,32 euros para este proxecto, que beneficiará a 16 alumnos/as traballores/as, distribuidos nas seguintes especialidades formativas de "Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web" e de "Desenvolvemento de produtos audiovisuas multimedia interactivos".

Ademais, a Xunta de Goberno Local acordou autorizar provisionalmente o uso do Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro e o campo de adestramento de San Lázaro II á Sociedade Deportiva Compostela, para que poida iniciar a actividade deportiva e de competición do seu equipo de 2ª categoría RFEF, ampliándose excepcionalmente ao equipo xuvenil división de honra.

A cesión definitiva de uso destes recintos para a tempada 2021/22, quedará supeditada á existencia dun posterior acordo co concellaría de Deportes, no que regule o custo e demais consideracións que procedan en base ao que se determine a nivel municipal e, tendo en conta o complexo deportivo na súa globalidade.

Compartir: