CENTROS SOCIOCULTURAIS

A rede de Centros Socioculturais programa unha simultánea de xadrez para conmemorar o día mundial deste deporte que se celebra mañá

19/07/2021 Con motivo do "Día mundial do xadrez, a rede de Centros Socioculturais programou para mañá e pasado, dúas actividades relacionadas con esta disciplina. O día 20 de xullo desenvolverase unha sesión de simultáneas para a cativada de 5 a 16 anos; na que estará presente Fernando Sánchez Aller, catro veces campión absoluto galego deste deporte. A cita, que terá lugar na Carballeira do Banquete de Conxo, comezará ás 11:00 h.

E o mércores día 21, terá lugar unha actividade aberta de xadrez, co Club de Xadrez de Conxo, conducida por Pablo Cordido, que tamén terá lugar na Carballeira do Banquete, entre as 11:00 h. e as 14:00 h.

En caso de chovia, estas dúas actividades celebrarase no Centro Sociocultural Aurelio Aguirre de Conxo. Poden informarse a través do teléfono 981 528740 ou no correo electronico csconxo@santiagodecompostela.gal.

Estas sesións de xadrez forma parte do programa "Vive o Verán 2021", un proxecto lúdico-educativo que programa 225 actividades divididas en sete apartados, destinadas a familias, cativadas e adultos. En total ofértanse 2.160 prazas nos centros socioculturais urbanos; ás que se suman outras 200 nos do rural.

O prazo de presentación de solicitudes comezou o xoves, día 17 de xuño, e permanecerá aberto mentras haxa prazas. Entre as novidades desta edición ademáis dos "Venres de xogo e contos na Ferradura", destacan as xornadas sobre apicultura, os paseos para coñecer a historia dos barrios, ou o xogo virtual "Do bosque ao banquete".

Estas son as actividades programadas para esta semana, a través do programa Vive o Verán 2021.

Martes 20
10:00 h. Vive o verán de paseo. Coñece o barrio do Ensanche. Saída desde o CSC do Ensanche (Información e inscricións: 981 543 001)
10:00 h. Vive o verán nos parques. Taichi e Chi Kung no Parque do Penedo (CSC de Conxo).
10:30 h. Paseos saudables polos parques. Saída desde o CSC de Fontiñas.
11:00 h. Simultáneas de xadrex, con Fernando Sánchez Aller. Carballeira do Banquete de Conxo.
17:00 h. Obradoiros de trampeo (para velutinas) no CSC do Romaño. Para todas as idades.

Mércores 21
10:00 h. Vive o verán nos parques. Taichi e Chi Kung no Parque do Cotaredo. (CSC de Fontiñas).
10:30 h. Paseos saudables polos parques. Saída desde o CSC do Romaño.
11:00 h. a 14:00 h. Actividade aberta de xadrez co Club de Xadrez de Conxo, conducida por Pablo Cordido. Carballeira do Banquete de Conxo.

Xoves 22
10:30 h. Paseos saudables polos parques. Saída desde o CSC de Conxo.
10:30 h. Paseos de Barrio. A Casa da Troia. CSC de Santa Marta.
11:30 h. Pedalea Compostela, rutas en bicicleta. Igrexas e patrimonio histórico do antigo concello de Enfesta. Saída do CSC de Enfesta.
17:00 h. Vive o verán nos parques. Taichi e Chi Kung no Campus Sur (CSC do Ensanche).
18:45 h. Vive o verán nos parques. Taichi e Chi Kung no Parque do Romaño (CSC do Romaño).

Venres 23
12:00 h. Matinais de xullo no Cotaredo. Contacontos. Marisa Irimia presenta "Eloísa, unha poetisa".
12:00 h. CSC de Santa Marta. "Pílulas de baile". Aula aberta de baile tradicional ao aire libre.

A estas actividades súmanse, durante toda a semana, os obradoiros e actividades relacionados coa informática que se celebran no CSC do Ensanche, baixo a denominación de "Navegamos no Ensanche". E os obradoiros e actividades do programa "Nós e a nosa relación co mundo" que se desenvolven no CSC do Castiñeiriño.

Compartir: