SEGURIDADE CIDADÁ

Gonzalo Muíños reuniuse coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas

09/07/2021 O concelleiro de Mobilidade, Seguridade Cidadá e Festas, Gonzalo Muíños, reuniuse hoxe coa subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López. No encontro, celebrado na cidade herculina, Muíños informouna sobre como están as tramitacións dos permisos e autorizacións en relación aos Fogos do Apóstolo, e convidoua a asistir ao espectáculo que terá lugar na noite do 24 de xullo.

Gonzalo Muíños tamén informou a María Rivas sobre o cumprimento das medidas anticovid, e da situación actual coa apertura do ocio nocturno e as medidas antibotellón, unha práctica que, insiste, de momento está controlada na cidade.

Esta foi a primeira toma de contacto entre ambos dirixentes desde que María Rivas accedeu ao cargo. Gonzalo Muíños deulle a benvida e desexoulle moita sorte nesta nova etapa.

Compartir: