CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as actividades de Vive o verán con baile, xogos infantís, contacontos, obradoiros e paseos por barrios e parques

08/07/2021 A rede de rede de Centros Socioculturais programou para este venres, 9 de xullo, unha aula aberta de baile tradicional ao aire libre, denominada "Pílulas de baile" que se desenvolverá ás 12:00 h. na contorna do CSC de Santa Marta; e ás 19:00 h. na contorna do CSC da Trisca.

Mentras, no Paseo da Ferradura da Alameda, a partir das 17:00 h. nova xornada de xogos e contos, con Davir Marelas, que ás 20:00 h. presentará o espectáculo "Contos do avó". E na Carballeira do Banquete, en Conxo, Ramiro Neria, presenta "Animaliños" ás 12:00 h.; no marco do Festival Atlántica de narración oral. A continuación, ás 13:00 h. neste mesmo espazo, "Teatro de todos os tamaños", o proxecto teatral de verán da rapazada integrante do clubes de teatro de Conxo, no que estará presente Xurxo Barcala.

Todas estas actividades forman parte do programa "Vive o Verán 2021", un proxecto lúdico-educativo que programa 225 actividades divididas en sete apartados, destinadas a familias, cativadas e adultos. En total ofértanse 2.160 prazas nos centros socioculturais urbanos; ás que se suman outras 200 nos do rural.

O prazo de presentación de solicitudes comezou o xoves, día 17 de xuño, e permanecerá aberto mentras haxa prazas. Entre as novidades desta edición ademáis dos "Venres de xogo e contos na Ferradura", destacan as xornadas sobre apicultura, os paseos para coñecer a historia dos barrios, ou o xogo virtual "Do bosque ao banquete".

Estas son as actividades programadas para a próxima semana, a través do programa Vive o Verán 2021.

Venres 9
12:00 h. Carballeira do Banquete. Ramiro Neira presenta "Animaliños", no marco do Festival Atlántica de narración oral (destinado ao público infantil)

12:00 h. CSC de Santa Marta. "Pílulas de baile". Aula aberta de baile tradicional ao aire libre.

13:00 h. Carballeira do Banquete. "Teatro de todos os tamaños". Actuación final dos Clubes de Teatro de Conxo con Suso Barcala.

17:00 h. Paseo da Ferradura. Alameda de Santiago. "Venres de xogo e contos na Ferradura". Xornada de Xogos.

19:00 h. CSC da Trisca. "Pílulas de baile". Aula aberta de baile tradicional ao aire libre.

20:00 h. Paseo da Ferradura. Alameda de Santiago. "Venres de xogo e contos na Ferradura". Contos de Galicia. "Contos do avó", con David Marelas.

Luns 12
10:30 h. Vive o verán nos CSC do rural. Paseos saudables polos parques. Zona norte. Saída desde o CSC de Grixoa. (Inscrición no CSC de Cornes: 981 542 350)

11:00 h. Vive o verán na natureza. Obradoiros de prantas medicinais, polo Pedroso. Saída desde o centro veciñal de Casas Novas. (Inscrición CSC de Vite: 981 542 459). Prazas limitadas.

12:00 h. CSC de Vite. Vive o verán na natureza. Descarboniza, que non é pouco. Obradoiro de cosmética natural (para maiores de 12 anos).

18:00 h. Vive o verán na natureza. Obradoiros de prantas medicinais, por Belvís. Saída desde o CSC da Trisca. (Inscrición CSC da Trisca: 981 543 191) Prazas limitadas.

Martes 13
10:00 h. Vive o verán de paseo. Coñece o barrio do Castiñeiriño. Saída desde o CSC do Ensanche (Información e inscricións: 981 543 001)

10:00 h. Vive o verán nos parques. Taichi e Chi Kung no Parque do Penedo (CSC de Conxo).

10:30 h. Paseos saudables polos parques. Saída desde o CSC de Fontiñas.

19:00 h. CSC da Gracia. "Pílulas de baile". Aula aberta de baile tradicional ao aire libre.

Mércores 14
10:00 h. Vive o verán nos parques. Taichi e Chi Kung no Parque do Cotaredo. (CSC de Fontiñas).

10:30 h. Paseos saudables polos parques. Saída desde o CSC do Romaño.

Xoves 15
10:00 h. Paseos de Barrio. Paseo Senda Mitolóxica. Punto de encontro: Parque Eugenio Granell (Inscrición no CSC de Santa Marta: 981 543 017. Prazas limitadas)

10:30 h. Paseos saudables polos parques. Saída desde o CSC de Conxo.

17:00 h. Vive o verán nos parques. Taichi e Chi Kung no Campus Sur (CSC do Ensanche).

18:45 h. Vive o verán nos parques. Taichi e Chi Kung no Parque do Romaño (CSC do Romaño).

A estas actividades súmanse, durante toda a semana, os obradoiros e actividades relacionados coa informática que se celebran no CSC do Ensanche, baixo a denominación de "Navegamos no Ensanche". E os obradoiros e actividades do programa "Nós e a nosa relación co mundo" que se desenvolven no CSC do Castiñeiriño.

Compartir: