ASCENSIÓN 2007

Nova cita co tradicional concurso cabalar das Festas da Ascensión

26/03/2007 O Concello investirá 14.116 euros nunha nova edición da feira cabalar das Festas da Ascensión. O certame contará de novo con diversos concursos e cunha escola destinada aos máis pequenos.

Como cada ano, a feira celebrarase o día da Ascensión, este ano o 17 de maio, e comezará ás 9:30 horas. A partir desta hora sucederanse no mercado de Amio os distintos concursos cabalares e as exhibicións de doma e de fantasías ecuestres.

O Poni Club Galicia encargarase da organización das distintas actividades, entre as que figura unha Escola Infantil, na que os nenos e nenas poderán disfrutar de balde cos ponis.

Compartir: