EDUCACIÓN

Este verán realizaranse actuacións de reparación, reforma, conservación e mantemento en 23 centros educativos da cidade por un importe de case 300.000 euros

07/07/2021 O concelleiro de Educación, Rubén Prol; e o concelleiro de Barrios e Obras, Javier Fernández, deron conta das distintas actuacións que se realizarán este verán nas escola infantís, colexios públicos e outros espazos, como a ludoteca María Miramontes. Son en total, 53 actuacións que se levarán a cabo en 23 dos 25 centros educativos que dependen do concello de Santiago, ás que se destinarán case 300.000 euros.

A maioría destas obras realizaranse a través da proposta "servizo de conservación, reparación e pequena reforma de diversos edificios e instalacións dependentes do concello de Santiago de Compostela"; que conta cun orzamento de 224.474,02 euros. A maiores e ao marxe desta proposta, vaise realizar a obra da cuberta de San Roque, por importe, de 50.439,76 euros, e remodeláranse distintas zonas de xogo, ás que se destinarán ouros 20.000 euros. O orzamento total que lle adicará este verán as obras en centros educativos públicos será de case 294.913,78 euros.

As obras de reparación, conservacion e mantemento planficadas para este verán inclúen actuacións nas escolas rurais de Gaioso-Eixo, Sixto-Marrozos e Rial-Laraño, nas que se realizan limpezas de canalóns e baixantes, pintados de bancos exteriores do patio e arranxos de carpintería.

As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños acomenten pintados interiores e exteriores (teitos, columnas, fachadas, pérgolas), selado das carpintarías de aluminio, a cubrición do areeiro con céspede artificia e o rozado dos patios exteriores.

Nas escolas infantís co-xestionadas co consorcio realizarase a remodelación da cuberta de San Roque, así como se acometerán pintados interiores e exteriores de edificios e pistas deportivas, a limpeza de canalóns e baixantes, as substitucións das portas interiores e exteriores e a substitución de canalizacións de saneamento. Nos patios de xogo intervense co acondicionamento de areeiros, o arranxo do pavimento dos patios exteriores.

Nos CEIP da cidade realizaranse varios pintados interiores e exteriores, a revisión e arranxo da carpintaría de aluminio, a substitución de portas, limpeza e substitucións de canalóns, o arranxo e substitución de baixantes, así como o pintado de varandas e orozado nos espazos exteriores. Así, realizaranse pintados interiores nos CEIP Pío XII, no Rodríguez Xixirei, no de Vite, no Casas Novoa, no Quiroga Palacios e no López Ferreiro. Nos pintados exteriores destacan o patio cuberto do CEIP de Fontiñas, así como o reacondicionamento do patio de infantil deste mesmo centro.

O Concello de Santiago responsabilízase da conservación, reparación e mantemento dos centros públicos de educación infantíl e primaria. As competencias obrigatorias municipiais refírense a 25 centros educativos, dos que 3 son escolas rurais, 13 son centros de educación infantil e primaria de carácter público, 6 escolas infantís municipais. unha escola municipal de música e a o espazo de ocio e lecer "María Miramontes".

Todas as obras están planificadas con antelación, e con outros departamentos e administracións implicadas. Entre as actuacións que leva a cabo, figuran:

Elaboración periódica de informes de necesidades de reparación e mantemento da rede de centros públicos de educación infantil e primaria. Estes expedientes de obras permiten a elaboración dos plans de obras a executar durante cada curso escolar.

Seguimento e control dos traballos nas instalacións escolares.

Propostas de convenios e outras actuacións conxuntas de colaboración coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia e outras institucións para a mellora da rede de infraestruturas educativas de Santiago.

Plan de actuación de melloras nos centros educativos como: reparación de pavimentos de aulas, dotación de papeleiras e colectores de reciclaxe, zonas verdes, peches dos recintos escolares, entre outros.

O importa das actuacións programadas para este curso ascende a 467.985,81 euros, e inclúe o servizo de mantemento ordinario, e os traballos realizados en Nadal, en Semana Santa e os programados para este verán.

Documentos relacionados



Compartir: