DEPORTES

Convocatoria de subvencións para escolas deportivas

26/03/2007 A Concellaría de Deportes destinará 35.000 euros para concesión de subvencións para as escolas deportivas da cidade. A Xunta de Goberno aprobou as bases destas axudas, destinadas a centros públicos ou concertados de ensino primario.

A contía máxima á que poderán acceder as escolas é de 2.940 euros. O prazo de presentación de solicitudes no Rexistro municipal será de 20 días naturais, contados a partir da data de publicación da Orde no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Por outra parte e despois de varias convocatorias, adxudicouse a instalación de máquinas expendedoras e a explotación do servizo de vending nos recintos deportivos do Concello de Santiago de Compostela. A empresa adxudicataria ofreceu un canon de 220 euros ao ano por máquina instalada e un 3’5% sobre a recadación obtida.

Compartir: