CENTROS SOCIOCULTURAIS

Venres de contacontos e xogos na Alameda de Santiago co programa Vive o Verán 2021

01/07/2021 A rede de Centros Socioculturais programou para este venres, 2 de xullo, unha nova xornada de xogos no Paseo da Ferradura, no marco do programa Vive o Verán 2021. As actividades comezarán ás cinco da tarde; e rematarán ás oito cun espectáculo de contacontos e clown: "A verdadeira historia de Hamelín con Moc Moc-Re-Clown".

Estas actividades forman parte dos "Venres de xogo e contos na Ferradura", que se prolongarán ata o 16 de xullo. Trátase dunha das novidades desta edición de Vive o Verán 2021, un proxecto lúdico-educativo que programa 225 actividades divididas en sete apartados, destinadas a familias, cativadas e adultos. En total ofértanse 2.160 prazas nos centros socioculturais urbanos; ás que se suman outras 200 nos do rural.

O prazo de presentación de solicitudes comezou o xoves, día 17 de xuño, e permanecerá aberto mentras haxa prazas. Entre as novidades desta edición ademáis dos "Venres de xogo e contos na Ferradura", destacan as xornadas sobre apicultura, os paseos para coñecer a historia dos barrios, ou o xogo virtual "Do bosque ao banquete".

Actividades
Estas son as actividades programadas para mañá venres, a través do programa Vive o Verán 2021.

-11:30 h. CSC do Ensanche. Navegamos no Ensanche. Obradoiros de informática para menores de 10 a 16 anos. "Precisas un retoque: edición de fotos". Inscrición telefónica cahamndo ao CSC do Ensanche: tel. 981 54 30 01. As prazas cubriranse por orde de chamada.

-12:00 h. Parque Eugenio Granell. Festival Int. de Narración Oral Atlántica. Thomas Bakk.

-17:00 h. Paseo da Ferradura. Alameda de Santiago. Xornada de xogos.

-19:00 h. CSC do Romaño. Verán ao fresco. "Cociña de verán". Actividade para adultos. Información e inscrición no centro ou no tel. 981 54 30 05.

-20:00 h. Paseo da Ferradura. Alameda de Santiago. Contacontos-clown: "A verdadeira historia de Hamelín".

Compartir: