PARQUES E XARDÍNS

O Parque da Constitución será tamén un espazo deportivo

26/03/2007 O Concello investirá 58.000 euros no acondicionamento para a posterior instalación de novo material para o Parque da Constitución, que se une ao espazo infantil xa existente. Este novo equipamento está composto por elementos deportivos e de xogo.

O obxectivo deste novo dotación será converter este espazo nun lugar destinado ao mantemento da forma física a un nivel básico para persoas maiores. O prazo de execución destas obras é dun mes e medio.

Tamén nesta materia, a Xunta de Goberno local adxudicou as obras para a creación dunha área de xogos infantís en Poza Real de Arriba. A Concellaría de Parques e Xardíns investirá 41.000 euros neste novo espazo, que estará listo en dous meses.

Vías públicas e alumeado

En materia de obras, o Goberno local asignou as obra de mantemento e conservación de vías públicas municipais á empresa, por un importe total de 1.100.000 euros, para o ano 2007. Ademais, adxudicáronse as obras de mellora en viais e beirarrúas na rúa do Gaiás, entre Fontiñas e Sar. Investiranse 59.990 euros nunhas obras que serán executadas nun mes.

Varios foron os acordos en materia de alumeado. Así, ampliaranse as instalacións na rúa Carreira do Conde, co obxecto de iluminar as zonas verdes deste espazo. Esta actuación terá un custo de 14.360 euros. Ademais, colocaranse en torno a 25 novos puntos de luz en diversos lugares da parroquia de Aríns, por un importe de 10.970 euros. Finalmente, adxudicáronse as obras de ampliación do alumeado público no acceso a Laraño dende a Barcia, en Marantes e no lugar de A Cepeira (Villestro). Investiranse 11.769 euros.

Compartir: