EDUCACION

O aparcadoiro das Cancelas abrirá quince minutos antes para facilitar a mobilidade das familias do alumnado do CEIP Monte dos Postes

24/04/2021 A partir do próximo luns, 26 de abril, o aparcadoiro en superficie do centro comercial As Cancelas abrirá as súas portas ás 08:45 h. da mañá, para que as familias do alumando do CEIP Monte dos Postes poidan estacionar alí cando van levar aos seus fillos e fillas á escola.

Así llo confirmou a xerencia de As Cancelas ao departamento de Educación, despois da reunión mantida, a mediados de semana, co concelleiro Rubén Prol. O concello de Santiago agradece este xesto e a predisposición e colaboración amosada polo novo xerente do centro comercial, Javier Nicolás Blanco.

A utilización do aparcadoiro en superficie do centro comercial As Cancelas dá resposta ás necesidades de aparcamento manifestadas pola ANPA do CEIP Monte dos Postes, e ao mesmo tempo, mellora a mobilidade urbana e a seguridade na contorna do centro escolar.

Compartir: