ALCALDÍA

Adif sacará a licitación nas vindeiras semanas a ampliación e mellora da estación ferroviaria de Santiago

08/04/2021 O ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, anunciou no Pazo de Raxoi que Adif licitará nas próximas semanas as obras de ampliación e mellora da estación do AVE sen que a cláusula que condicionaba a devandita obra á consecución dos 3,5 millóns de viaxeiros supoña un límite.

Ábalos indicou, así mesmo, que non será necesario firmar un novo convenio para certificar o levantamento deste límite porque "a construción asumímola toda dende o Ministerio e iso permítenos ser máis áxiles". O proxecto, segundo confirmou o ministro, "está tecnicamente aprobado" e o seguinte paso é proceder á licitación.

O ministro fixo o anuncio no marco da sinatura do protocolo xeral de actuación para a Axenda Urbana de Santiago de Compostela ao que asistiron, entre outras autoridades, a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, e o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio, Sergio Vázquez Torrón.

Compartir: