POLÍTICAS SOCIAIS

O Concello de Santiago estuda ceder un local á Asociación Paluso

26/03/2021 O concello de Santiago estuda ceder un local á Asociación Paluso no que ubicar o equipamento de que dispón a entidade e no que poida atender as solicitudes de axuda que está recibindo. Asegurouno o alcalde compostelán, despois da reunión mantida coa responsable da asociación, Chus Iglesias, á que tamén asistiu a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro.

O rexedor explicou que está previsto que a concelleira Mila Castro e Chus Iglesias vaian visitar un local que podería estar dispoñible, para ver se se adapta ás condicións requeridas pola entidade. En caso afirmativo, sinalou Sánchez Bugallo, "articulariamolo a través dun convenio de colaboración e faríamos unha cesión para a utilización do local, mentras exista a asociación e mentras preste estes servizos".

O alcalde destacou o labor solidario de Chus Iglesias, e a súa familia, ex-donos do bar Paluso de Conxo; coñecida pola cea solidaria de Noiteboa que desde 1995 organiza na Alameda. E lembrou que a Asociación Paluso "está prestando atención a persoas inmigrantes, persoas en situación de precariedade grave". Paluso é unha entidade se ánimo de lucro adicada a axuda ás persoas que o necesitan con alimentos, enseres e roupa.

Compartir: