ALCALDÍA

Sánchez Bugallo preside a entrega dos premios "Coñece o teu Concello", organizado por La Voz de Galicia

25/03/2021 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo presidiu esta tarde o acto de entrega dos premios de redacción e debuxo "Coñece o teu Concello", organizado por La Voz de Galicia, e que conta coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña. Ao concurso presentáronse centos de traballos procedentes dos 25 municipios da contorna de Compostela.

Na modalidade de redacción, o primeiro premio acadouno Sara Casais Fraiz, 11 años, do colexio Nosa Señora de los Remedios, de Santiago, pola redacción "Santiaguiño do meu corazón", no que fai unha reflexión sobre o antes e o despois da pandemia, que remata cunha mensaxe optimista; Santiago non sería Santiago sen as persoas que o forman. En debuxo, o primeiro premio foi para Marcela Taboada, de 8 anos, do CEIP Pío XII, que pintou Compostela en branco en negro, desde a Alameda, a través das gafas de Valle-Inclán.

Os accesits nas modalidades de redacción foron para Juan Manuel Veiga Rieiro, 11 años, do CEIP Barrié de la Maza, de Santa Comba; e para Miguel García Mirás, de 9 años, do Chester College, de Teo. E en debuxo, os premiados cos accesitos foron Antonia Castro Castro, de 8 años, alumna do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago; e Candela Candela Queiruga Ferreiro, de 7 años, do colexio compostelá Vilas Alborada,

Ademáis do alcalde, na entrega de premios estaba presente Ignacio Carballo, delegado de La Voz de Galicia en Santiago; e José Luis Colomer, xefe comercial de La Voz de Galicia. Sánchez Bugallo felicitou aos gañadores e gañadoras e recomendoulles non perder esa "ilusión" coa que se expresan en cada texto e en cada debuxo.

Os dous primeiros premios de cada modalidade, redacción e debuxo, recibiron senllos IPad mini, así como un computador; e os catro accesits, unhas tabletas. Os colexios gañadores, Pío XII e Nosa Señora dos Remedios, levaron un ordenador portatil.

Compartir: