SEGURIDADE CIDADÁ

O Concello denunciará a quen subtraia flores e plantas dos parques e xardíns da cidade

25/03/2021 Os parques e xardíns da cidade comezan a lucir máis coloridos coa chegada da primavera e, aínda que o espazo público é de todos, o Concello lembra que ningúen pode apropiarse das plantas e flores que adornan as zonas verdes municipais.

A Policía local asegura que estas condutas incívicas terán unha resposta municipal en forma de denuncia ante o xulgado correspondente por un delito de furto. De feito, esta semana xa se identificou a unha persoa por arrincar varias plantas na avenida de Romero Donallo.

Así mesmo, a empresa concesionaria do mantemento dos parques e xardíns da cidade formulou, tamén esta semana, unha denuncia, neste caso ante a Policía Nacional, por subtracción de tulipáns na rúa do Cruceiro do Gaio por valor de 165 euros.

Compartir: