CIDADES PATRIMONIO

O alcalde asistirá o vindeiro sábado 27 á Asemblea xeral das Cidades Patrimonio da Humanidade de España

24/03/2021 A Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), máximo órgano de goberno da entidade, terá lugar na cidade de Salamanca o vindeiro sábado 27 de marzo. Asistirá o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Á reunión, que se celebrará ás 10,30 horas no Salón de Recepcións do Concello de Salamanca, asistirán os alcaldes e alcaldesas das 15 cidades membros desta entidade sen ánimo de lucro e declarada de Utilidade Pública, que reúne as cidades españolas cuxos centros históricos foron inscritos na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Previamente, o venres 26, terá lugar unha reunión da Comisión Executiva do Grupo que está formada polas cidades de Mérida, cuxo alcalde ostenta actualmente a presidencia do Grupo, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela e Eivissa/Ibiza. Tamén o venres, os alcaldes e alcaldesas serán recibidos polo presidente da Xunta de Castela e León no Museo Casa Lis.

Forman parte da Asemblea de alcaldes e alcaldesas: Javier Rodríguez Palacios, alcalde de Alcalá de Henares; Jesús Manuel Sánchez Cabrera, alcalde de Ávila; Dolores Marín Torres, alcaldesa de Baeza; Luís Salaya Julián, alcalde de Cáceres; José Maria Bellido Roche, alcalde de Córdoba; Darío Dolz Fernández, alcalde de Cuenca; Rafael Ruiz González, alcalde de Ibiza/Eivissa; Antonio Rodríguez Osuna, alcalde de Mérida; Carlos García Carbayo, alcalde de Salamanca; Luís Yeray Gutiérrez Pérez, alcalde de San Cristóbal de la Laguna; Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela; Clara Luquero Nicolás, alcaldesa de Segovia, Pau Ricomá Vallhonrat, alcalde de Tarragona; Milagros Tolón Jaime, alcaldesa de Toledo; e Antonia Oliveras Martínez, alcaldesa de Úbeda.

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, que celebrou en 2018 o seu XXV aniversario, ten como obxectivo actuar de maneira conxunta na conservación, a posta en valor e a promoción turística das 15 cidades españolas recoñecidas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa/Ibiza, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.

Compartir: