EDUCACIÓN

O Concello de Santiago destinará máis de 60.000 euros a actuacións de conservación e reparación en distintos colexios durante Semana Santa

24/03/2021 O concelleiro de Educación, Rubén Prol, presentou a proposta de obras que está previsto acometer durante Semana Santa en distintos colexios públicos de Santiago. Son actuacións de conservación, reparación e pequena reforma, que afectarán a 7 centros e que contan cun orzamento de 62.116,59 euros.

O proxecto contempla as seguintes intervencións:

CEIP Arquitecto Casas Novoa:
Reforma do patio cuberto. 17.088,61 euros.
Asfaltado do patio exterior: 24.716 euros.

CEIP Cardenal Quiroga Palacios:
Substitución do sistema de apertura das fiestras do espazo de psicomotricidade. 2.065,13 euros.

CEIP Fontiñas:
Pintado do patio interior do edificio de infantil. 1.897,56 euros.

CEIP Lamas de Abade:
Dotar de reixa metálica a canle de recollida de augas ao patio. 5.499,44 euros.

CEIP López Ferreiro:
Arranxo das escaleiras de acceso o comedor e pintado das portas. 2.023,30 euros.

CEIP Ramón Cabanillas:
Fabricación e instalación de proteccion nas fiestas do ximnasio. 4.959,69 euros.

CEIP Roxos-Villestro:
Substitución das portas e acceso o comedor. 3.866,86

Segundo explico Rubén Prol, "o plan de obras responde a diversas actuacións de mantemento, adaptación das instalacións, e mantemento das condición de seguridade e benestar nos centros". Do proxecto destacou "a cantidade destinada ao mantemento das instalación exteriores do CEIP Casas Novoa, que amosa o compromiso do Concello en manter todos os centros e non descoidar as instalación situadas na contorna do rural".

O concelleiro sinalou que "o concello de Santiago responsabilízase da conservación, reparación e mantemento dos centros públicos de educación infantíl e primaria". Recordou que as competencias obrigatorias municipiais refírense a 23 centros educativos, dos que 3 son escolas rurais, 13 son centros de educación infantil e primaria de carácter público, 6 escolas infantís municipais e a escola municipal de música.

Pero o labor do concello vai máis alá de simples intervencións. Tamén conleva o desenvolvemento dun programa de medidas. Entre elas a elaboración periódica de informes de necesidades de reparación e mantemento da rede de centros públicos de educación infantil e primaria; que permiten programar os plans de obras a executar durante cada curso, en función das necesidades dos centros. Uns plans de mellora que contemplan distintas actuacións, como a reparación de pavimentos de aulas, dotación de papeleiras e colectores de reciclaxe, zonas verdes, peches dos recintos escolares, entre outros.

Tamén se realiza un control dos traballos realizados nas instalacións escolares; así como propostas de convenios e outras actuacións conxuntas de colaboración con outras administracións, entre as que destaca a consellería de Educación. As obras de mellora básicas de eficiencia enerxética no IES Lamas de Abade e a obra de rehabilitación enérxética do CEIP Monte dos Postes ou a climatización da Escola infantil do Tambre son dous exemplos desta colaboración.

Execución orzamento 2020
Rubén Prol tamén destacou que no ano 2020 o orzamento de mantemento do que dispuña a concellaría de Educación executouse na súa totalidade, realizando, ademais, dous importantes investimentos.

Un deles son as obras no patio exterior do CEIP Apóstolo Santiago, que consistiron en diversas intervencións por un valor de 11.992,89 euros. O outro, os traballos de climatización da Escola Infantil do Tambre por importe de 34.577,13 euros. O concelleiro recordou que as execucións das obras desenvólvense, preferentemente, nos distintos períodos non lectivos.

Compartir: