ALCALDÍA

A Xunta de voceiros acorda o destino dos 5 millóns de euros pendentes de asignación do remanente de 2020

23/03/2021 A Xunta de voceiros, reunida esta mañá, acordou o destino dos 5 millóns de euros do remanente de 2020 pendentes de adxudicar. Deste xeito, 3,5 millóns destinaranse a axudas para os sectores máis prexudicados pola pandemia, e o resto a investimentos.

Segundo indicou o alcalde, o destino exacto desta segunda parte concretarase a semana que vén, cando se dispoña da cifra exacta. No que respecta ao montante para axudas, unha parte incorporarase á convocatoria que se sacará na primeira quincena de abril e o restante sumarase á convocatoria prevista para o verán.

Estes 3,5 millóns de axudas repartiranse do seguinte modo:

- para o sector comercial: 1.067.000 euros, que se suman aos 933.000 xa previstos (500.000 achegados pola Deputación e 433.000 polo Concello). En total, a convocatoria de abril para o comercio será de 2.000.000 euros.

- para o sector hostaleiro: 1.050.000 euros, que se engaden aos 750.000 previstos (dos que 500.000 corresponden á Deputación e 250.000 ao Concello). En total, a convocatoria de abril será de 1.800.000 euros.

- Bonos de compra: destinaranse 300.000 euros, que engadidos aos 300.000 xa acordados suman 600.000 euros. Estos bonos benefician tanto ao comercio como á hostalería.

- Bonos para o aparcamento: achegaranse 50.000 euros dos remanentes, que engadidos aos 100.000 previstos suman 150.000 en total.

- Financiamento de actividades e promoción comercial: 150.000 euros.

- A cantidade restante ata chegar aos 3,5 millóns (883.000 euros) incluirase na convocatoria prevista para o verán.

Esta proposta terá que ser refrendada polo Pleno da Corporación, a quen lle compete a decisión sobre o destino do remanente.

Á convocatoria de abril súmanse, ademais, os 450.000 euros destinados ao sector cultural, o que supón un total de 5.150.000 euros.

Compartir: