ALCALDÍA

Nota aclaratoria sobre solicitudes de información dos Grupos Municipais

18/03/2021 O exercicio do dereito á información para a función de fiscalización e control da acción de goberno regúlase no artigo 18 do "Regulamento Orgánico Municipal do Pleno do Concello de Santiago de Compostela".

As solicitudes de acceso entenderanse admitidas por silencio administrativo en caso de que non se dicte e/ou notifique resolución expresa denegatoria no prazo de 5 días naturais contados desde o seguinte ao da data da súa presentación no Rexistro do pleno.

Nin o regulamento, nin o Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, do Regulamento de Organización e Funcionamento de Réxime Xurídico das Entidades Locais, no artigo 14, indica un prazo determinado ou concreto para a entrega ou acceso da información solicitada.

Polo tanto:
1. O goberno do Concello de Santiago non denegou ningunha das solicitudes de información presentadas ata a data de hoxe polo Grupo Municipal de Compostela Aberta.
2. A entrega da documentación solicitada ou acceso a expedientes, requiren, na maioría dos caos, un traballo e adicación do funcionariado dos departamentos corresondentes; e dependendo da laboriosidade, complexidadade e do nivel de traballo da información solicitada, a contestación, ás veces, non resulta tan áxil como ao goberno lle gustaría; porque as solicitudes de información non poden obstaculizar o normal funcionamento dos distintos departamentos.

Compartir: