PLENO

O Pleno aproba inicialmente o proxecto de orzamentos para 2021

17/03/2021 Na sesión extraordinaria do Pleno da Corporación, celebra hoxe, na que se votaba unha cuestión de confianza vinculada á aprobación das contas e cadro de persoal para este ano, o punto quedou aprobado co seguinte resultado: a favor, grupo municipal socialista; en contra, grupo popular; Compostela Aberta e BNG abandonaron o pleno trala primeira intervención, o que equivale a abstención, segundo o artigo 100 do Regulamento de organización, funcionamiento e réxime xurídico das entidades locais (ROF).

O Concello de Santiago aprobou hoxe os seus orzamentos para 2021, que sobrepasan os 125 millóns de euros. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez indicou que estes son os orzamentos "máis necesarios da historia moderna deste Concello, os máis sociais e os máis inversores".

Proxecto de orzamentos
O orzamento do Concello de Santiago de Compostela ascende á cifra 125.020.077,77 euros en ingresos e gastos. Xunto coas empresas municipais TUSSA e INCOLSA, presenta un orzamento consolidado de 127.739.010,78 euros en ingresos, e de 127.667.041,17 euros en gastos.

Tendo en conta as entidades consideradas Administración Pública isto é, tendo en conta o orzamento do concello, do auditorio de Galicia, da empresa municipal INCOLSA e da Fundación Refuxio de Animais, presenta un orzamento de 126.886.572,79 euros en ingresos, e de 126.858.108,58 euros en gastos.

Orzamento de gastos do Concello de Santiago de Compostela

CAPÍTULO I

O capítulo I ascende á cifra de 35.010.206,93 euros cun incremento do 3,26 % respecto do orzamento de 2020 (en concreto 1.112.609,14 euros).

A destacar deste capítulo I:

- o incremento da dotación da partida dedicada á carreira profesional, ascendendo á cantidade de 825.000 euros, e con cargo á cal todo o persoal, funcionario ou laboral, percibirá os 3/3 da contía correspondente ao grao I de carreira profesional.

- a dotación de 312.787,35 euros na área de servizos sociais para facer fronte ao reforzamento de persoal ao servizo da área de servizos sociais, para a execución de programas de atención social primaria, tanto os consolidados como os postos en marcha a consecuencia da COVID 19.

- ou a dotación de 400 mil euros para facer fronte aos procesos selectivos de promoción interna dos anos 2017 a 2020 a convocar durante o primeiro semestre do 2021 e á modificación da RPT, tamén prevista para o primeiro semestre do 2021.

CAPÍTULO II. GASTOS CORRENTES EN BENS S SERVIZOS

O capitulo II de gasto ascenden á contía de 50.439.752,69 euros e presenta un incremento do 2,26 % respecto do orzamento inicial do exercicio 2020.

O capítulo II representa o 40,35 % do total de orzamento de gastos.

Nesta capítulo prevese crédito para adxudicación de contratos como:

- O contrato de axuda no fogar cuxa partida, considerando a entrada en vigor do novo contrato o 1 de maio do 2020, se incrementa nun 18,48% respecto do orzamento de 2020, acadando a cifra de 2.967.273,29 euros.

- Os contratos de mantemento de zonas verdes, cuxas partidas, considerando a entrada en vigor do contrato principal de zonas verdes, o 1 de maio do 2020, se incrementa nun 10,77% respecto do orzamento do 2020, acadando a cifra de total de 4.165.043,48 euros.

- O contrato relativo á recollida de residuos e limpeza viaria, cuxas partidas, que ascenden á 8.898.456,83 , se incrementan nun 5,95 % respecto do orzamento do 2020, e isto considerando a súa entrada en vigor do novo contrato o 1 de setembro do 2021.

- O contrato de xestión da escola de música, en fase de adxudicación, cuxa partida se incrementa nun 29,90% respecto do orzamento de 2020 acadando a cifra de 496.999,96 euros.

A destacar tamén neste capítulo o incremento das partidas destinadas ao mantemento da zona urbana, en concreto nun 20,90%, acadando a cifra de 1.160.306,09 euros e as destinadas ao mantemento da zona rural, nun 21,39% acadando a cifra de 908.000,00 euros.

CAPÍTULO III. GASTOS FINANCIEROS.

Ascende a 643.620,97 euros, incrementándose un 61, 92% respecto do orzamento de 2020, debido esencialmente ao incremento do crédito destinado ao pagamento de intereses por expropiación de terreos.

CAPÍTULO IV. TRANSFERENCIAS CORRENTES

Increméntase un 17,31% acadando a cifra de 17.377.280,79 euros.

- Forte incremento das medidas de protección social. As medidas de protección social directas increméntanse neste capítulo un 19,45% acadando a cifra total de 2.149.500,00 euros. A destacar (1) SEMUS Compostela (servizo municipal de emerxencia social en Compostela) (2) ou o incremento do crédito destinado á ordenanza de garantía básica, pasando de 400.480 a 561.570,00 euros.

- Incremento de medidas directas para a reactivación do comercio e para o fomento da promoción económica, nun 27,02%. Destacar a dotación de importantes partidas destinadas á reactivación de compras como a entrega de bonos aparcadoiros e ao emprendemento fenemino, duplicando a partida destinada á Feira de Emprendedoras da Comarca de Compostela.

- No ámbito da cultura: destacar como novidade a aposta do fomento das artes performativas nas rúas, cunha dotación de 50 mil euros para tal fin.

CAPÍTULO V, relativo ao fondo de continxencia: 100 mil euros.

CAPÍTULOS VI e VII. INVESTIMENTOS E TRANSFERENCIAS DE CAPITAL.

Increméntanse nun 19,82% acadando a cifra de 18.482.395,67 euros.

Con cargo a este capítulo de gastos, no ano 2021 daranse continuidade a actuacións como:

- O selado do vertedoiro de aríns
- A reurbanización de Concheiros e o aparcamento de Triacastela
- A rehabilitación do centro cívico da Cidade Vella
- A recuperación do CAMPUS SUR
- O proxecto de compra pública innovadora de SMARTIAGO
- A reparación e consolidación de muros
- O financiamento das actuación previas á construcción da EDAR da Silvouta
- O Diagnóstico Urbanístico sobre a vixencia do PE-1 Cidade Histórica e novas normativas a cumprir e a redacción do Plan Especial de Conxo, entre outros proxectos de Planemento.
- Ou as actuacións vinculadas ao plan de sostebilidade turística

Poranse en marcha otras actuación como:

- A restauración do Sarela
- O reacondicionamento da dársena de Xoán XIII
- A modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para a incorporación das delimitacións dos Camiños de Santiago.
- A rehabilitación de edificios e vivendas do ARRU Cardeal Quiroga e Grupo Compostela, fase 7, e ARRU Vite fase 1.
- A rehabilitación de firmes en vías urbanas, por importe de 1,5 millons de euros.
- A rehabilitación de firmes en vías rurais por 628.434 euros.

CAPÍTULO VIII

Incremento do 74,75 %. Acada a cifra de 122.198,00 euros. Este incremento débese esencialmente á dotación prevista para compra de capital social de UNINOVA, reforzando así a estructura de xestión e coordinación para a reindustrialización de Compostela.

CAPÍTULO IX

Acada a cifra de 2.844.622,74 dos cales e de conformidade co disposto no estado da débeda:

- 1.098.244,40 euros corresponden á certificación do primeiro libramento de SMARTIAGO.
- 1.746.378,34 euros de amortización de débeda bancaria.

Compartir: