ALCALDÍA

O alcalde amósase "razoablemente satisfeito" coas cifras de covid na cidade pero chama a non baixar a garda

12/03/2021 Na rolda de prensa habitual dos venres, o alcalde valorou as cifras que a pandemia deixa na cidade. A pesar de que "o dato é significativamente mellor que a media de Galicia e de España" o rexedor lembrou que "non podemos baixar a garda".

Segundo Sánchez Bugallo, "dá a impresión de que se está producindo un certo estancamento", pois a día de hoxe o municipio rexistra 53 casos activos, cunha incidencia acumulada a 7 días de 22 e a 14 días, de 46: "a cifra máis baixa desde o verán". O rexedor dixo estar "razoablemente satisfeito", pero fixo un chamamento a non baixar a garda: "temos que ser todos moi responsables", abundou.

Nesta comparecencia deu conta tamén da convocatoria dun pleno extraordinario para o vindeiro día 17 de marzo, ao que se levará de novo o proxecto de orzamentos tralo rexeitamento do mesmo na sesión celebrada esta mañá, neste caso vinculado a unha cuestión de confianza.

Compartir: