SEGURIDADE CIDADÁ

Os Bombeiros de Santiago conmemoran o seu patrón

08/03/2021 Os Bombeiros de Santiago honraron un ano máis o seu patrón, San Xoán de Deus, aínda que este ano de forma diferente, xa que a habitual recepción no parque non puido celebrarse por mor das medidas restritivas ditadas para a contención da covid.

Tampouco asistiron á tradicional misa, pero a quenda de garda si que se achegou ata a praza do Obradoiro, onde recibiu o saúdo do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; así como dos edís do grupo municipal popular, José Antonio Constenla; e de Compostela Aberta, Xan Duro.

Compartir: