CULTURA

"Art Natura" achega a Compostela a obra de máis dun cento de artistas e escritores galegos

16/03/2007 A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) inaugura a exposición "Art Natura. Pola defensa da Rede Natura galega. Pola defensa do medio natural galego". producida pola Concellaría de Cultura. Permanecerá aberta ao público, en horario de 18:00 a 21:00 horas, ata o 16 de abril, no Instituto Rosalía de Castro.

A mostra achegará aos visitantes as obras de máis dun cento de artistas e escritores galegos para expresar o compromiso do mundo da cultura galega coa conservación do noso patrimonio natural. "Art Natura", á que poderán asistir visitas guiadas de centros educativos, percorrerá logo da súa estadía en Compostela outras cidades e vilas de Galicia.

Mediante esta exposición, Adega quere amosar á sociedade, empregando a cultura e a arte ao servizo do medio ambiente, a importancia que ten a paisaxe en Galicia, como un elemento indispensable da nosa cultura e da nosa identidade como pobo, así como da necesidade da súa conservación.

Compartir: