TURISMO

O Convention Bureau presenta os seus servizos ao profesorado da USC

15/03/2007 O Santiago de Compostela Convention Bureau presenta os seus servizos ante decanos e responsábeis de departamentos da Universidade de Santiago, a fin de reforzar a súa capacidade para convocar e captar congresos para a cidade.

O Santiago de Compostela Convention Bureau realizará unha presentación dos seus servizos profesionais para a captación e desenvolvemento de congresos en Santiago de Compostela ante corenta responsables de departamentos, decanos e profesores da Universidade de Santiago de Compostela.

O acto está organizado polo SCCB e a USC, e contará coas intervencións do concelleiro de Turismo da cidade, Francisco Candela, e do vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Pieto.

O propósito da xuntanza é que o profesorado universitario, como potencial convocante de eventos científicos nas súas distintas especialidades, acuda aos servizos do SCCB para realizar presentacións de candidaturas máis efectivas que terminen por atraer congresos a Santiago de Compostela.

Compartir: