EDUCACION

A Rede de Escolas Infantís Municipais celebra o entroido

15/02/2021 Os nenos e nenas da Rede de Escolas Infantís Municipais celebraron, nun ambiente festivo e con distinta actividades, un Entroido atípico. Este ano a gran diferenza foi que as familias non puideron asistir, por mor das restricións impostas debido a COVID, pero iso non impediu que que as festas se desenvolveran con normalidade nas E.I.M. de Conxo, das Fontiñas e de Meixonfrío-Salgueiriños.

Na E.I.M. de Conxo, adicaron a temática deste ano a traballar "As cores". O alumando veu da cor que elixiu e na mesma escola fixeron as gorras para complementar o disfrace.

Na festa tiveron diferentes recunchos temáticos. Un adicado á plástica, onde decoraron con temática libre a súa foto. Outro que ía sobre psicomotricidade fina, no que xogaron con bolsas máxicas, fixeron un circuíto e por último escenificaron entre todos a canción das cores.

Na E.I.M das Fontiñas a temática foi libre. Fixeron diferentes actividades, entre elas un circuito de psicomotricidade, decoraron un paiaso, elaboraron máscaras, xogaron a atopar pezas de diferentes cores e por último bailaron para rematar a xornada.

Na E.I.M de Meixonfrío_Salgueiriños, o Entroido estivo ambientado nunha festa pirata. O alumnado do centro puido gozar de diferentes actividades: plástica, onde fixeron un mini barco pirata; cociña, onde degustaron diferentes alimentos para experimentar sabores e texturas; ou psicomotricidade fina e grosa, onde tiñan que buscar diferentes elementos do tesouro e pasar por unha ponte pirata, respectivamente.

O entroido celebrouse, nas tres escolas infantís, o pasado venres, día 12 de febreiro.

Compartir: