FUNDACIÓN GRANELL

Ábrese a exposición "O estudio e os amigos de Granell"

13/05/2005 A recreación da contorno no que desenvolveu a súa actividade artística Eugenio Granell, é dicir, o seu estudo e os seus obxectos cotiáns, forman parte da nova exposición da Fundación Granell, no Pazo de Bendaña.

Durante todo o que resta de ano, o público que visite a Fundación granell poderá facerse unha idea do espazo no que o artista creou as súas obras, a través de obxectos tan persoais como o seu cabalete, os seus pinceis e a súa caixa de pinturas ou a cadeira de brazos onde acostumaba a sentarse.

A parte dos obxetos de uso cotián, na exposición poden verse as obras de arte das que o artista se rodeaba, agasallos de amigos e colegas, como Wilfredo Lam, Marcel Duchamp, Filip West, Artur Cruceiro Seixas, Mario Cesariny ou Penélope e Franklin Rosemont, entre outros. E tamén adquisicións feitas polo propio artista, como un cadro de Picasso, artista ao que Granell consideraba o máis grande pintor da historia.

Completan a recreación do estudio a presenza de publicacións clave para achegarse ao xeito de entender o mundo e a arte do artista, como por exemplo, unha selección dos libros sobre a guerra civil española, que sempre tiña no sitio onde traballaba, e mesmo tamén o libro sobre a vida de Troski, en definitiva, aquelas publicacións que traslucen a ideoloxía que cambiou a súa vida, e as circunstancias políticas que máis pegada deixaron nel.

Granell foi un artista minucioso na factura das súas pezas e unha persoa ordenada e modesta, que nunca necesitou dunha grande infraestrutura para elaborar a súa obra. Así en moitas das casas nas que viviu, non disfrutou dun espazo específico para o seu traballo.

Documentos relacionados



Compartir: