XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno Local aproba o expediente de crédito extraordinario para a adquisición do 31% de capital de UNINOVA

09/02/2021 A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe en sesión extraordinaria, aprobou o expediente de crédito extraordinario co número 2021-CREXT-01 con base ao contido do informe proposta que forma parte do expediente, por un monto global de 57.198,00 euros co obxectivo de dar cobertura de crédito adecuado e suficiente para atender á adquisición do 31% do capital social da empresa (Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L (Uninova), da cal o Concello é socio, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela.

O venres 12 de febreiro está previsto un pleno extraordinario no que se levará a aprobación este incremento de capital en UNINOVA, definida polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, como "o instrumento que imos utilizar para a posta en marcha do biopolo da Sionlla". Unha vez se aprobe en pleno, o Concello, que actualmente ten o 49% desa sociedade, pasaría a ter o 80%.

A tramitación desde expediente continuará coa exposición ao público durante quince días hábiles e a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello.

UNINOVA
Uninova (Sociedade para a promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras, S.L.), impulsada polo Concello de Santiago de Compostela e a USC, ofrece asesoramento, aceleración e soporte á creación de iniciativas empresariais fortemente innovadoras. Xestiona ademais o Edificio Emprendia, con máis de 3.000 m2 de espazos de incubación dispoñibles para empresas altamente innovadoras e un ecosistema completo de apoio ao emprendemento.

Documentos relacionados

Direccións relacionadas



Compartir: