XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno dá luz verde á participación do Concello no Plan de Obras e Servizos 2021

04/02/2021 A Xunta de Goberno, reunida hoxe en sesión extraordinaria, deu luz verde á participación do Concello de Santiago no "Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal" (Plan único de Concellos POS+2021 da Deputación Provincial da Coruña) para o financiamento dos gastos sociais extraordinarios do exercicio 2021,e solicitar a aplicación da achega provincial asignada aos gastos sociais polo importe de 320.521,02 euros.

Esta cantidade desglosaríase en:

· Reforzo de persoal, técnico e/ou administrativo, adscrito aos servizos sociais, co obxecto de apoiar aos equipos actuais, e facilitar a tramitación urxente das prestacións obxecto deste plan: 37.901,85 euros.

· Ampliar e dotar as partidas destinadas a garantir ingresos suficientes as persoas soas ou familias, maiores, persoas con diversidade funcional, mulleres en risco de exclusión social, con baixos o nulos ingresos económicos, mediante axudas económicas para asegurar a cobertura das necesidades básicas: vivenda, alimentación, electricidade, gastos médicos ou farmacéuticos, transporte, que favorezan a integración: 88.778,52 euros.

· Ampliar o servizo de axuda a domicilio en todas as súas modalidades, e calquera outro de análoga natureza que se preste no domicilio da persoa, como rehabilitación, perruquería, podoloxía, comedor sobre rodas, etc. 83.840,65 euros.

· Reforzo dos dispositivos e axudas económicas de atención a persoas sen fogar. 110.000 euros.

No marco deste plan provincial de cooperación tamén se acordou solicitar a aplicación da achega de 1.222.868,46 euros, que entre outros apartados, se destinaría a financiar, por un importe de 694.008,78 euros, as seguintes obras:

· a ampliación da plataforma do vial entre Cañoteira e Outeiro de Marrozos (2ª fase): 268.000 euros.

· o acondicionamento do Camiño de Fisterrra en Vilariño de Abaixo (Quintáns-Villestro): 182.041 euros

· a mellora e acondicionamento do centro sociocultural de Villestro: 63.326,8 euros

· a mellora e acondicionamento do local sociocultural de Enfesta: 78.622,86 euros

· a pavimentación do conxunto parroquial de Grixoa: 54.814,21 euros;

· a pavimentación da Rúa Elena Quiroga, A Barca e A Braña de Silvouta (Villestro): 54.814,21 euros.

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou o proxecto de "Rehabilitación de firme na vía Edison", que conta cun orzamento de execución material de 120.000 euros e un prazo de execución de dous meses.

A maiores, deu orde de continuidade ás empresas Servisar Servicios Sociales, S.L., actual prestataria do lote I do SAF, o Servizo de Axuda no Fogar; e a Eulen Servicios Sociosanitarios, prestataria do lote II; para que a partir do 13 febreiro de 2021 continúen a prestación do citado servizo nas mesmas condicións baixo as que o viñan facendo de conformidade co contrato anterior; e ata que a aprobación dos orzamentos 2021 do Concello permitan concluír os trámites precisos para a adxudicación do novo contrato e posterior inicio do servizo.

Documentos relacionados



Compartir: