MOBILIDADE

A Policía local sanciona 11 vehículos de transporte escolar

03/02/2021 Entre os días 22 e 26 de xaneiro a Policía local levou a cabo unha campaña de vixilancia específica das condicións dos vehículos de transporte escolar en colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia.

En total, inspecciónaronse 19 autobuses que prestan servizo nos centros CEIP Quiroga Palacios, IES Pontepedriña, CEIP Vite, La Salle, Nosa Señora dos Remedios, San Jorge, CEIP Apóstolo Santiago, CEIP Raíña Fabiola e CEIP Ramón Cabanillas. Formuláronse 11 denuncias, das que 9 foron por carecer os vehículos de autorización específica para realizar transporte especial de escolares, e outras dúas por incumprimentos do Regulamento Xeral de Vehículos (unha por non levar o sinal V10 e outra por non presentar ficha técnica).

Tamén se realizaron controis en vehículos de autoescolas, inspeccionando un total de 16. Tan só se procedeu a formular unha denuncia por un incumprimento do Regulamento de Escolas Particulares de Condutores.

Compartir: