EDUCACIÓN

As escolas infantís municipais sumáronse á celebración do Día da Paz

02/02/2021 O pasado venres 29 de xaneiro a rede de escolas infantís municipais do Concello de Santiago celebrou o Día da Paz, dunha forma distinta a outros anos, xa que as familias non puideron asistir á mesma polas limitación establacedidas por mor da pandemia. Por ese motivo dende as escolas se fixo un recompilatorio cos momentos máis especiais e se lles deu traslado ás familias por correo electrónico.

Os nenos e nenas das E.I.M. de Conxo, Fontiñas e Meixonfrío – Salgueiriños dedicaron a semana a facer actividades relacionadas con esta celebración: decoraron pombas, contaron contos relacionados co tema da Paz e a non violencia, etc. As familias tamén participaron achegando á escola pezas decoradas dun quebracabezas, que anteriormente se lles entregara en branco, para o que empregaron diferentes técnicas plásticas e de creatividade. A unión de todas elas permitiu montar un enorme quebracabezas o día da festa da Paz. Nesta festa, ademais, contáronse contos sobre a paz e fixéronse diferentes actividades plásticas, psicomotrices, musicais, etc, para conmemorar este día.

Os pequenos e pequeñas foron tratando o tema da paz - incluído como transversal no seu proxecto educativo - ao longo da curso e as educadoras foron aproveitando cada situación diaria para transmitir pequenos xestos nos que a cooperación e a coeducación é o fío condutor, tanto en actividades de xogo libre como de xogo dirixido. O resumo de todas elas quedou recollido no libro da paz que leva por título "COAS NOSAS MANS CONSTRUIMOS A PAZ", este ano tamén realizado en formato dixital para que todas as familias puidesen ver o traballo feito.

Compartir: