EDUCACIÓN

En marcha o Programa municipal de conciliación de Nadal

29/12/2020 Este programa estase realizando no CEIP Cardeal Quiroga Palacios entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro, en horario de 9 a 14 horas.

O pasado 23 de decembro deu comezo o Programa Municipal de Conciliación Nadal 2020 con xogos e dinámicas de presentación e de cohesión grupal, un obradoiro de contacontos sobre o Apalpador e a elaboración posterior dun mural seguindo a mesma temática.

Xa o día 24, os participantes puideron desfrutar dun obradoiro de títeres e cun gran xogo de orientación no que debían atopar ao Apalpador que se perdeu na Serra do Courel.

O programa municipal de conciliación NADAL 2020 ten como obxectivo facilitar a conciliación da vida familiar e laboral ofrecendo aos neno/as unha alternativa no tempo libre desenvolvendo valores de cooperación, respecto e tolerancia e con todas as medidas de seguridade pero permitindo que os cativos e cativas poidan desfrutar dun tempo de lecer en compañía doutros nenos/as.

Nesta edición as actividades programadas xiran en torno a unha viaxe do Apalpador por toda Galicia, que permitirá descubrir e coñecer as nosas tradicións e a riqueza paisaxística e patrimonial da nosa comunidade.

Compartir: