ALCALDÍA

O alcalde de Santiago amosa a súa satisfacción polo levantamento da cláusula de 3,5 millóns de viaxeiros para a construción da estación do AVE

21/12/2020 O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa satisfacción logo de que o ministro de Fomento, José Luís Ábalos, anunciase a retirada da cláusula que condicionaba a construción da estación do AVE de Santiago a acadar os 3,5 millóns de viaxeiros.

Segundo Sánchez Bugallo esta decisión, que "por esperada non deixa de ser menos boa nin menos importante", é "coherente" coas actuacións do Ministerio de Fomento nos últimos meses. O rexedor referiuse á encarga do proxecto de execución, "que xa está redactado", e á dotación presupostaria para os orzamentos de 2021, 2022 e 2023 con 30 millóns de euros.

Indicou o alcalde que agora falta a formalización "a través dunha addenda ou dun convenio novo levantando esa clásula" para poder licitar a construción da nova estación co obxectivo de que as obras comecen o vindeiro ano e estean concluídas en 2023.

Compartir: