FESTAS

Estes venres 18 arranca o autocine cos filmes A Galiña Turuleca e A illa das mentiras

17/12/2020 Mañá, venres 18, o aparcamento de Salgueiriños acollerá o arranque dunha das novidades máis esperadas do programa de Nadal: o autocine. Será cos filmes "A Galiña Turuleca" ás 17.00 h e "A illa das mentiras" ás 19.30 h. O acceso é de balde, previa reserva.

O aparcadoiro de Salgueiriños será o escenario desta singular experiencia con tintes de nostalxia. Dende o interior dos nosos vehículos poderemos gozar dunha coidada selección de filmes: para as familias, cinema de animación en galego: e para o público adulto, unha mostra de títulos con participación galega na súa produción.

Do 18 ao 23 de decembro, poderase acceder de balde (previa reserva) ao aparcadoiro, sintoniza o equipo radiofónico do auto e prepararse para sentir o cinema dun xeito único, compartindo desde os nosos vehículos esta gran experiencia colectiva.

+ info e reserva de entradas: autocinecompostela.gal

Filmes para o público familiar
A Galiña Turuleca (venres 18 ás 17.00 h)
Copito de Nieve (sábado 19 ás 17.00 h)
Gisaku (domingo 20 ás 17.00 h)
Nocturna. Unha aventura máxica (luns 21 ás 17.00 h)
Goomer (martes 22 ás 17.00 h)
Pinocho 3000 (mércores 23 ás 17.00 h)

Filmes para o público adulto
A illa das mentiras (venres 18 ás 19.30 h)
Arima (sábado 19 ás 19.30 h)
Lobos sucios (domingo 20 ás 19.30 h)
Os mortos van á présa (luns 21 ás 19.30 h)
O ouro do tempo (martes 22 ás 19.30 h)
A praia dos afogados (mércores 23 ás 19.30 h)

Compartir: