EDUCACION

Campaña de recollida de alimentos na Escola Municipal de Música

16/12/2020 A Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela e a Escola de Altos Estudos Musicais, únense para colaborar co Banco de Alimentos-Rías Altas na campaña de recollida que se desenvolverá ata o vindeiro venres, 18 de decembro. Aínda que todos os produtos son necesarios e ben recibidos, neste momento precísanse, sobre todo, alimentos para o almorzo (cereais, galletas, etc), conservas de peixe e conservas vexetais, produtos de hixiene, potitos e cueiros de talla 4-5.

Durante a semana da campaña, haberá unhas caixas no vestíbúlo de entrada da Escola Municipal de Música, situada na Finca de Vista Alegre, na rúa Salvadas, onde os participantes poderán deixar a súa doazón. As entidades convocantes animan á cidadanía a participar neste proxecto solidario e agradecen de antemán a súa colaboración que serve, sinalan, "de gran axuda para as familias que se atopan nunha situación desfavorecida".

Compartir: