ALCALDÍA

Compostela, tamén un referente tecnolóxico

13/03/2007 O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao presidente de Blu:sens, José Ramón García. Este explicoulle os proxectos da empresa compostelá, fabricante de electrónica de consumo.

Esta firma, que comezou a súa actividade en 2002, ten hoxe unha importante presenza nun sector comunmente dominado por grandes marcas multinacionais. A súa sede central segue a estar en Santiago de Compostela, onde tamén se sitúa o seu centro de I+D+i e o Centro de Atención ao Cliente.

Compartir: