TURISMO

"Santiago de Compostela, a túa historia este Nadal", segunda fase da campaña de promoción turística da cidade

15/12/2020 O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, presentou no Pazo de Raxoi a segunda parte da campaña de promoción turística "Santiago de Compostela. A túa historia", que ten como obxectivo reactivar a demanda turística da cidade, na medida en que as restriccións o permitan, de cara ás festas de Nadal. O concelleiro estivo acompañdo pola xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.

Segundo Guinarte, o obxectivo desta segunda fase da campaña é atraer, seducir e traer aos turistas a Santiago cun perfil cosmopolita e interesados na cultura, nos museos, na historia das rúas e das pedras e que prefiren destinos pouco concurridos. A campaña invita os visitantes a compoñer en Santiago a súa propia historia de Nadal nun ano tan atípico como é este 2021.

Esta acción promocional continúa a ser moi segmentada, polas limitacións das viaxes hacia España, a situación das diferentes comunidades autónomas, as restriccións actuais e os peches perimetrais. Aínda que a campaña se dirixe a todo o mercado español, concéntrase nas comunidades de Madrid, País Vasco, Castela e León, Asturias e a propia Galicia, facendo un esforzo no turismo de proximidade.

A campaña "Santiago de Compostela, a túa historia" está composta de tres fases. A primeira comenzou o 23 de xullo e rematou a finais de agosto e estaba orientada esencialmente a público familiar procedente de España. Esta fase foi completamente online, cunha importante presenza en redes sociais, You Tube, Facebook e Instagram que son as canles que mais se adaptan ás decisións de última hora na reserva de viaxes.

Na primeira fase obtivéronse máis de 8 millóns de impresións, superando con creces o obxectivo inicial estimado de 3 millóns. En canto ao tráfico, fixéronse máis de 18.000 clics e 720.000 vistas ao 100% dos 3 spots que se lanzaron en torno ás temáticas de familia, parques e gastronomía, incrementando en case 300.000 as visualizacións estimadas.

Esta segunda fase, pensada para as festas de Nadal segue orientada ao turismo familiar pero tamén para estadías curtas ou "short breaks", para perfiles urbanitas, cosmopolitas que buscan tranquilidade e seguridade, acompañados dunha iluminación especialmente festiva este ano e dunha gastronomía excelente. Está dirixida a familias con nenos, parellas e grupos de amigos.

Nesta segunda fase, que será tamén 100% virtual, inclúese o soporte de Smart TV con insercións en ATRESPLAYER e MITELE. Inclúese tamén como canle a TRIPADVISOR. Creouse asimismo un video especifico de 15 segundos para todos estas canles e diferentes adaptacións de imaxen, banners, etc.

A campaña ten unha web de referencia, ubicada na web de Turismo de Santiago, onde os potenciais turistas poden ver toda a oferta da cidade. As principais ferramentas que se empregan son pezas audiovisuales, adaptadas en tempos e formatos aos modos de consumo de Internet e das redes sociais.

A terceira e derradeira fase da campaña "Santiago de Compostela, a túa historia" lanzarase o 1 de xaneiro co obxectivo de promocionar o Ano Santo compostelán 2021.

Direccións relacionadas



Compartir: