CENTROS SOCIOCULTURAIS

O luns 14 abre o prazo para preinscrición nas novas actividades de centros socioculturais

11/12/2020 Seguindo cos procedementos habituais de renovación e preinscrición de participantes nas actividades regulares 2021 dos centros socioculturais, naquelas onde hai prazas dispoñibles e nas de nova creación, abrése o prazo de apuntamento a partir do luns 14 e ata o dia 28 de decembro de 2020.

A preinscrición pode facerse achegándose aos centros ou chamando por teléfono para a recollida de datos.

A programación dos centros socioculturais inclúe as propias organizadas polo Concello e as das entidades usuarias dos mesmos, estando supeditada ás variacións que por mor das medidas sanitarias se poidan producir.

A participación nestas actividades supón a aceptacións das condicións marcadas polas autoridades sanitarias e a obriga de información e consentimento informado mediante a sintatura do formulario de participación que se facilitará no momento da preinscrición.

Documentos relacionados



Compartir: