ALCALDÍA

Publicadas no BOP as bases para as axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural

10/12/2020 No Boletín Oficial da Provincia da Coruña de hoxe publicáronse as convocatorias e as bases reguladoras para o outorgamento de axudas ao comercio, á hostalería e ao sector cultural.

O prazo de presentación de solicitudes para cada unha das convocatorias comprenderá desde as 00.00 horas do venres 11 de decembro (é dicir, na noite do xoves ao venres) ata as 23.59 horas do martes 15 de decembro. As solicitudes que se presenten antes do prazo indicado teranse por non presentadas.

As solicitudes deberán achegar o impreso de solicitude CS006A debidamente cuberto e presentaranse exclusivamente por medios electrónicos, preferiblemente a través do rexistro electrónico do Concello: sede.santiagodecompostela.gal. Os interesados tamén poderán empregar para a presentación o rexistro electrónico do Estado (https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do).

Para resolver as incidencias técnicas relacionadas coa presentación a través do rexistro electrónico do concello, habilitouse un servizo de soporte técnico dispoñible de 9.00 a 21.00 horas nos seguintes medios:
• Teléfono: 981.542.305
• Correo: soporte.sede@santiagodecompostela.gal

Para resolver calquera outra dúbida relativa á xestión das axudas para as tres convocatorias habilitáronse as seguintes canles:
• Asistencia vía correo electrónico: axudasdecovidsantiago@gmail.com

Beneficiarios
A relación de beneficiarios das axudas publicarase na web do Concello de Santiago de Compostela (santiagodecompostela.gal) e, adicionalmente, nas seguintes:
• Comercio: coidarparamellorar.santiagodecompostela.gal
• Hostalería e restauración: cersiaempresa.gal

Os beneficiarios das subvencións deberán presentar, exclusivamente por medios electrónicos, o documento anexo III debidamente cuberto e a demais documentación relacionada na base 11ª de cada unha das convocatorias. O modelo de documento anexo III publicarase xunto coa listaxe de beneficiarios das axudas nas páxinas web que se indicaron.

Se a presentación se realiza no rexistro electrónico do concello (medio preferente), os interesados deberán seleccionar o trámite "Xustificación de subvencións concedidas polo concello".

Nota aclaratoria: en sesión extraordinaria, a Xunta de Goberno aprobou hoxe, xoves 10 de decembro, unha corrección das bases relativa a un erro material, que non afecta ao prazo de presentación de solicitudes. A corrección publicarase mañá no BOP. As bases que se poden consultar ao pé desta noticia xa incorporan a corrección (que non se recolle nas publicadas hoxe no BOP).

Compartir: